2. O DOBRE EXILIO.
Santiago Casares Quiroga pasou os dous últimos días en España no castelo de Perelada canda Azaña, quen desbotou a proposta do coruñés de agardar por el para cruzar xuntos a fronteira e instouno a marchar. Casares só emprendeu o camiño do exilio pouco antes do 6 de febreiro de 1939, data na que o fixo o presidente da República. Tivo que cubrir a pé un treito da estrada entre Girona e Figueres, atoada por coches e carros, ateigada polos que marchaban cara ó exilio .
Os dous políticos e amigos ían reencontrarse en París. Casares formaba parte do grupo de políticos republicanos que adoitaban visitar a diario a Azaña, instalado temporalmente na embaixada española. Un dos asistentes a aquelas xuntanzas informais, Diego Martínez Barrio, lembrounas nas súas memorias: “Todas las tardes, por tácito acuerdo, nos reuníamos con él y a su lado discutíamos las noticias que llegaban de la patria. Noticias desconsoladoras”. Un dos asuntos tratados naquelas sesións vespertinas foi se Azaña, atendendo aos constantes requirimentos que lle facía chegar o doutor Negrín, presidente do goberno republicano, debía regresar a España. Casares Quiroga, coma o resto dos reunidos, non disentiu da opinión de Azaña, quen consideraba que ningunha novidade convidaba a rectificar unha decisión tomada tempo atrás. Todos daban a guerra por irremisiblemente perdida e, nesas condicións, o regreso de Azaña convertíase nun xesto inútil politicamente que, por outra parte, expoñía a súa seguridade. O presidente da República agardaba o momento de presentar a súa dimisión e así o fixo o 27 de febreiro, o mesmo día en que Gran Bretaña e Francia fixeron o anuncio oficial do seu recoñecemento do goberno de Franco e tamén o mesmo día en que Negrín remitía un novo telegrama lembrándolle que a súa volta urxente “elevaría altamente la moral de todos los españoles”.
Azaña tiña abandonado París por Collonges-sous-Salève e Casares, doente, ía marchar a Suiza na procura da súa recuperación . Debeu de ser nas montañas suízas onde soubo da ocupación alemana de Praga. Os acontecementos íanse precipitar nos vindeiros meses ata que o 3 de setembro de 1939 o Reino Unido e Francia declaran a guerra a Alemaña. Xa de volta na capital francesa, Casares segue as noticias que falan do avance imparable das tropas do III Reich, que comezan a invasión de Francia en maio de 1940. A situación dos refuxiados republicanos españois no país, en absoluto doada até entón, tornábase agora certamente perigosa A familia Casares fuxe a Bordeos no derradeiro tren que sae da estación de Austerlitz antes da entrada alemana en París. En Residente privilexiada, María Casares lembrou a viaxe de trinta e nove horas, a chegada a Bordeos, o sinistro hotel no que se aloxaron, o bombardeo aéreo da cidade, as xestións para conseguir os visados que lles permitiran saír cara a América e a frustración de tal posibilidade. Neses momentos de incerteza foi cando Casares Quiroga atopou a Juan Negrín, quen lle ofrece a posibilidade de embarcar rumbo a Londres canda el. As xestións da diplomacia franquista, mobilizada para reclamar a Francia que abortara os planos de saída do país dos “jefes rojos” e que foran postos “hors d’état de nuire”, non tiveron éxito neste caso. Nas primeiras horas da madrugada do 21 de xuño e mentres Bordeos era bombardeada, partía un buque mercante carboeiro de pavillón grego con destino ao porto galés de Milford Haven, a onde arribou o día 25. Nel viaxaban, entre outros, Juan Negrín, Francisco Méndez Aspe, Ramón Lamoneda, Benigno Rodríguez, Pedro Pra, Vicente Terrados, Gonzalo Díaz de la Torre e Santiago Casares Quiroga. Citando o testemuño deste último, unha publicación do exilio en México, o Boletín al Servicio de la Emigración Española, informou daquela travesía:
"Tenemos a la vista una carta fechada en Londres, del señor Casares Quiroga, que fué uno de los acompañantes del señor Negrín. Según cuenta, a última hora pudieron embarcar en un mercante de nacionalidad griega. Cinco días tardaron en recorrer la distancia que hay de Burdeos a las costas de Inglaterra, cinco días mortales de ansiedad y de riesgos, amenazados constantemente por la aviación alemana y por las minas de que estaba sembrada la costa. Desde su barco vieron el hundimiento de otros muchos barcos que habían salido también de Burdeos, a la desesperada, en los postreros instantes. Todos los adjetivos son inertes para describir el horror de un viaje en esas condiciones pavorosas. Afortunadamente el barco llegó a salvo a Inglaterra".
Naquela carta Casares facía público o seu recoñecemento a Negrín polo empeño que demostrara en axudar aos compañeiros republicanos en Francia e mailo seu agradecemento persoal. Un dos seus parágrafos dicía literalmente:
"Con la generosidad que de nuevo no querrán reconocerle, ha intentado salvar a todo el mundo. Desgraciadamente, la urgencia del caso hizo inútiles sus esfuerzos y allá se quedaron Azaña, Largo Caballero, Miguel Maura, Portela, y tantos otros, con cuyo paradero no consiguió dar Negrín. A mí me encontró por pura casualidad; y a ella, y a él, debo el estar ahora en esta situación. En el barco griego que nos trajo, vinieron 14 españoles, contando con Negrín, que también tuvo que dejar en Burdeos a su madre y hermana".
Casares, pola súa parte, tivo que deixar á súa esposa Gloria e á súa filla María. A separación durou tanto como a guerra. Exiliado de España en Francia, exiliado de Francia en Inglaterra, foron aqueles os anos do “dobre exilio”, en expresión de María Casares. Ata xullo de 1945, Casares viviu na mansión campestre chamada Dormers que Negrín alugou ás aforas de Londres, na vila de Bovingdon, pertencente ao condado de Hertforshire. Son ben escasos os detalles coñecidos sobre o seu exilio londiniense . Segundo Luis Monferrer Catalán, militaba en Coalición Republicana Española (CRE). Esta organización desenvolveu en Inglaterra un papel semellante á da Unión Democrática Española, plataforma que sumaba a comunistas e sectores negrinistas do PSOE e doutros partidos republicanos. Polo demais, só hai noticia da súa asistencia a algúns dos actos convocados por dúas institucións creadas por Juan Negrín: o Hogar Español e o Instituto Español . Eran estas iniciativas de escasa relevancia e proxección. A fría tolerancia e o reticente amparo que prestou o goberno británico a Negrín e aos seus compañeiros esixía deles o compromiso de absterse de emprender accións políticas con proxección pública. Non obstante, a desaparición de Casares Quiroga da escena política do exilio estivo forzada, antes que nada, polo seu fráxil estado de saúde. Este non ía máis que a agravarse no sucesivo. Ademais, terminada a guerra e de regreso en París canda a súa familia, axiña vai recibir un novo golpe: a morte da súa esposa Gloria Pérez Corrales en xaneiro de 1946. Escribiu María Casares que daquela o seu pai comezou a preparar a súa propia morte. Santiago Casares Quiroga era un home enfermo e deprimido. Son estas exactamente as palabras coas que Martínez Barrio o describiu nun apuntamento do seu diario datado o 19 de abril de 1946.
Fotografías:
-Casares Quiroga talking to Catalonian politicians. France, April 1946. Photographer: Ralph Morse. LIFE IMAGES.
-Juan Negrín, durante o seu exilio en Dormers.

0 comentarios:
Publicar un comentario