Achégase o tempo das castañas, froitos tan gustosos coma as palabras que tamén naceron nos soutos e abrollaron dos castiros. “As castañas na lingoa e no paladar” foi o título que Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey, lle deu a un artigo que publicou en 1969 na revista Chan, que dirixía en Madrid Raimundo García Domínguez. Aquel texto era unha festa, mellor dito, un magosto:
“Carballos e castiñeiros son as dúas especies arbóreas mais antergas e máis enxebres non somentes da nosa terra senón de tódalas europeas.
Houbo un tempo de antiguidade no que a Penínsua Ibérica estaba talmente cuberta de arboredo que unha ardilla podería camiñar por riba díl sin poñelas patas no chan dende Fisterra a Xirona.
As landras dos carballos e os bullotes dos castiñeiros ou castiros serviron de alimento ós primeiros habitantes de Europa denantes de que tiveran pan de centeo ou trigo.
En Galicia abondan os soutos de mestos e vizosos castiñeiros que noutrora cubriron gran parte do seu chan e ainda hoxe, despoixas da peste que os diezmou, ocupan as ribeiras dos ríos, como o Sil e o Miño, con grandes e fermosas extensiós de castiros que, a mais de lle dar beleza e maxestade á paisaxe, fornecen ó país dos sabrosos froitos gardados polos ourizos.
Distes soutos derivan numerosos topónimos, como Soutelo, Souteliño, Soutiño, Soutullo, Soutillán, Soutonovo, Soutochán, etc.
Vocabulario do castiñeiro
Do nome diste noble albre veñen asemade os topónimos Castiñeiro, Castiñeira, Castiñeiras, Castiñeiriño, Castiñas, Cstinandi, Castiñeiros, Castiñeiravella, Castiñeirolongo, etc.
Os castiñeiros bravos chámanse rebordáns ou rebordaos e con istes nomes e co de Rebordiños titúlanse pobos e aldeas.
Os retoños que nacen o pé dos castiñeiros levan o nome de brabádegos i empréganse pra facer arcos de cubas e de pipas.
Desque chega a primaveira acéndense os castiñeiros cas candeas, recandeas ou recandeos, axeitados nomes das froles distes albres petrucios que naquelas ocasiós semellan xigantescos candieiros.
Das candeas saen os ourizo, nome xeral que en toda Galicia se llesda ós folecos, onde se crian as castañas. Nas terras limitrofes con Asturias, como Fonsagrada, dinlles erizu, e xa en Castropol é ourizo.
Os ourizos, canda ainda son cativos e non teñen froito ou iste é van, chámanse abragos, borra, cascabullos, esparros, falsos, lelos ou lolos e roballos, asegún os diferentes sitios onde se dan.
Pouco a pouco van madurecendo e cando chegan á sazón dise que regañan, están regañados ou ca boca aberta, ou sexa, que se abren pra deitalo froito.
Apañalas castañas caidas de seu é soutar, en Lugo, e asoutar, en Ourense e tamén ir ó busco ou ó rebusco. Pro a colleita xeral faise polo outono agatuñando pra rubir ós castiñeiros, anque tamén se empregan esqueiras e unhos paus longos rematados nun gancho que recibe os nomes de largueiros, paus, baloiras, varexas, varales ou chanzos cos que se varean, varexan, escuden, sacudeen, pinchan, mallan ou abalan as polas pra facer cair os ourizos.
Pra apañalos do chan empréganse forquitas, guitas ou gallitas botándoios logo en cestos que se chaman peselos e goxos, en Lugo, e gueipos, en Ourense. Lévanse logo ás casas onde se fan montós ou moreas nomeados uriceiras ou corripas.
Despoixas de deixalos ourizos algún tempo pra que se vaian abrindo ou regañando, lévanse a unha aira onde se mallan, esbagan, mazan, debullan ou pisan con mazos, co restrelo ou cos zocos de pau que levan calzados nos pés. O mazo leva tamén os nomes de malluco, pisón ou petelo.
Unha vez debulladalas castañas compre arredalas dos ourizos que as gardaban, operación que se di xebrar, angazar, esbagutar, esbillar ou bullar e logo de limpas esténdense no chan da aira formando curripadas, airadas ou laradas.
Vocabulario da castaña
As castañas ou bullotes reciben distintas nomeadas con arranxo á sua forma, tamaño ou coor. Así, en Lugo, dinlle castañas bravas a unha clas de cativas e longas, esquinadas e longas tamén son as c. meiras, as c. billarengas ou millarengas son grandes e redondas, as c. areás son pequenas e tardías, como as sarodias ou serodias; son pequenas asemade as belaúdes ou belarudas e as grandes chámanse bouraos e meradas.
Pola coor poden ser blanquiñas, marelas, bermellas ou bermellais, louras, verdellas e negraus. As que se quedan valeiras por dentro chámanlle en Lugo abarqueiras.
Das duas códeas que teñen as castañas a de fora, que é dura e lustrosa, chámase capela ou carapela, casca ou cosco, pela, paraza e monda. A interior, mais branda e delgadiña, leva os nomes de entrecáscara, pelexa, albarda, casulla, casca meimiña, paraza de carolo, pulgaza e tona.
Cando as castañas medran xuntas dentro da mesma casca dise que ‘a castaña ten un fillo’, e de eiquí que tamén se lles nomee castañas filladas ou fillas e ainda noutras partes lles din apegos, c. amecidas e galladas.
Bromatoloxia da castaña
Dende os tempos mais recuados veñen sendo as castañas o principal alimento dos habitantes das rexiós montañosas de Europa, que as consumen crudas, cocidas, asadas, secas, moidas e feitas pan e na terra francesa das Cevennes cómenas ademais fritas en aceite.
Na nosa terra tamén se comen crudas, asadas, secas e cocidas podéndose cocer coa cáscara ou sin ela e tómanse á mañá con leite e ó xanter co caldo ou bótanse no cocido en lugar das patacas.
Sécanse ó fumo nos canizos ou cainzos postos en outo de riba das lareiras namentras a xente se quenta arredor do lume agardando que caia algún bulló, como pide a tan conecida e popular cántiga:
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que, anque non teño mandil,
apáñochas no refaixo.
As castañas secadas diste xeito chámanse vellas, revellidas, secas, maias, maiolas e pelongas.
O xeito mais primitivo de asalas castañas son os magostos feitos no campo ben o día dos Santos ou do San Martiño. A mocedá xunta leña, préndelle lume e bota na fogueira as castañas que toupan con rebullicio dos magosteiros. O magosto vai decote xunguido ó viño novo, elemento indispensable pra poder degulir os bullós i é costume conservado non somentes en Galicia senón tamén en Portugal e nas provincias con íl fronteirizas por seren terras castañeiras. Pro tamén se asan nas casas en tixolas i en asadores das mais variadas feituras.
A castaña gozou sempre do favor da xente por ser un froito grato ó paladar, anque non sexa moi dixeestible pois, como di un cantar andaluz:
La castaña flatulenta,
manjar sabroso y barato
que, el que la come, de flato
o se desgracia o revienta.
Contribuiron á sua popularidade as simpáticas castañeiras que poñen os seus asadores nas ruas e prazas de todo o país botando o seu enxebre pregón. Nos días de moito frío enchelos bolsillos de castañas asadas e quentiñas é un medio de calefacción de gran sibaritismo.
E a maiores destas preparaciós e usos vulgares e baratos das castañas compre engadir que iste froito popular e vedraio soupo chegar ás mesas mais eisixentes e ós paladares mais finos baixo a forma de marrón glacé, que, anque non son mais que castañas en doce, é un producto de luxo i están exquisitas. E que lles aproveiten”.

0 comentarios:
Publicar un comentario