En xullo de 1936, o político republicano Salvador Etcheverría Brañas foi detido e encarcerado polos sublevados en A Coruña. O primeiro de xaneiro do ano seguinte consegue saír dos cárceres franquistas e fuxir a Lisboa, onde embarcou no buque Iberia rumbo a Cuba. Levaba consigo a memoria dos asasinados: “Los que, con mejor suerte, pudimos alcanzar una triste libertad cruzando la otra orilla del mar, nos impusimos el deber sagrado de luchar incansablemente y sin reposo, hasta restablecer la justicia que tanto anhela España. ¡Mandan los muertos!”. O compromiso cos “hermanos en el ideal, que supieron defender sin claudicaciones una tesis humana” esixía loitar “hasta ganar la batalla decisiva que nos permita reconquistar la República”. Etcheverría Brañas acatou o que sentía como un mandato imperativo e puxo toda a súa enerxía ao servizo da diplomacia republicana. Recrutado polo seu amigo e compañeiro de partido Félix Gordón Ordás, desempeñou durante a guerra civil os cargos de secretario da embaixada española en La Habana, cónsul en Veracruz e encargado de negocios en Santo Domingo e Haití. Sobre as características do traballo dos representantes diplomáticos escribiu:
“En diplomacia el interés de la Nación debe estar condensado en utilizar los esfuerzos de todos los que integran el servicio, sujetos al programa de acción preconcebido, sin tener en cuenta el ejecutor de que su trabajo va a quedar –en la mayoría de las veces– enterrado en el polvo de los archivos del Ministerio, que vale como dejar su gloria en el anónimo”.
O libro Al servicio de la República. Diplomáticos y guerra civil (Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación-Marcial Pons, 2010) reúne os esforzos dun grupo de historiadores por burlar o destino que Etcheverría Brañas cría reservado aos que loitaron pola República na trincheira da diplomacia. Os autores entraron nos arquivos para desempoar os documentos que testemuñan un labor en gran medida descoñecido e esquecido ata agora, o dos servizos exteriores republicanos entre 1936 e 1939. As iniciativas desenvolvidas nas embaixadas no Reino Unido, Francia, Estados Unidos, Suíza, Checoslovaquia, México e a Unión Soviética son obxecto de estudo, como tamén o é a reconstrucción da base organizativa e persoal da carreira diplomática que levou a cabo o Ministerio de Estado, obrigado polo alcance das defeccións dos funcionarios tralo 18 de xullo.
Augusto Barcia, Eduardo Blanco-Amor, Emilio González López, José Almoina, Ramón Martínez López, Andrés Rodríguez Barbeito, Vicente Gómez Paratcha, Álvaro Fernández Suárez, Alejandro Otero e José Calviño, foron algúns dos galegos que traballaron para a diplomacia republicana durante a guerra civil ou colaboraron con ela. A estes nomes cómpre engadir os de Salvador Etcheverría Brañas e Lois Tobío, que deixaron por escrito as súas lembranzas daquela etapa. Etcheverría fíxoo en Eclipse en España. Apuntes del diario íntimo de un diplomático de la República Española, 1936-19...? (Ediciós do Castro, 1989); Tobío, un dos cinco membros da “promoción da República” que se mantiveron leais a ela, en As décadas de T.L. (Ediciós do Castro, 1994; hai tradución ao castelán das pasaxes que aluden ao seu traballo para o Ministerio de Estado: Recuerdos de un diplomático intermitente, Editorial Dossoles, 2003). Ambos testemuños revisten especial valor por seren moi escasas, segundo lembra Ángel Viñas, as memorias dos diplomáticos daquelas horas.
Etcheverría e Tobío poden non ser máis que unha nota a pé de páxina na historia da diplomacia republicana. Pois ben, confeso a miña especial afección por ese tipo de apuntamentos, que se explica por todas as razóns que debullou Anthony Grafton. Pero, sobre todo, gusto das notas a pé de páxina, porque malia a súa aparencia de rexistro de vanglorias eruditas ou de vertedoiro onde relegar e esquecer miudezas, ás veces, nelas caben os homes e as súas vidas co recordatorio de que a súa historia é o motivo polo que nos interesa a Historia, coa chamada incitante a rescatar a súa biografía das marxes dos libros de Historia.

2 comentarios:
superinteresante, viñen procurando cousas de Venecia e atópome como na miña casa remexendo entre as miñas cousas. Saúdo.
Moitas grazas, pola túa visita e polos teus comentarios!!!!
Publicar un comentario