Hai uns poucos días presentouse en Madrid o libro Cuatro siglos de periodismo en España. De los avisos a los periódicos digitales, de María Cruz Seoane e María Dolores Saiz. O lugar escollido para o acto non podía ser máis axeitado, posto que o número 14 da rúa Larra –estreita e cativa vía para a vasta e colosal figura de Fígaro– evoca e condensa gran parte do pasado do noso xornalismo. Aí tiveron a súa sede a redacción de El Sol e La Voz e mailos talleres de Tipográfica Renovación nos que se imprimían ambos os dous xornais. Esas instalacións foron as primeiras en seren incautadas polos falanxistas tras a entrada en Madrid dos sublevados; e a casualidade nada ten que ver con esa decisión, que anunciaba ás claras a política de pillaxe e a vontade de liquidación dunha tradición xornalística que ía caracterizar a ditadura franquista. Por se cabía algunha dúbida sobre o ánimo de substitución, os locais das empresas fundadas por Urgoiti, en estreita colaboración con Ortega y Gasset, axiña foron ocupados polo diario Arriba, que, incapaz de conter a impaciencia, editou neles o primeiro número da posguerra. Hoxe o histórico edificio aloxa a Fundación Diario Madrid, institución herdeira daquel xornal que saltou polos aires no 1973, nunha voadura motivada por intereses inmobiliarios, pero que deseguida se converteu nunha potente metáfora das limitacións da Lei Fraga, aquela que a propaganda cualificou de aperturista e que obrigara a pechar o xornal menos de dous anos antes.
Pois ben, o que fora director de Madrid, Antonio Fontán, foi o anfitrión da presentación do libro en tan senlleiro escenario. O acto convocou o ministro de Cultura, César Antonio Molina, quen lembrou as horas compartidas coas autoras nas hemerotecas cando preparaba o seu estudo sobre a prensa literaria española entre 1900 e 1950; e ó presidente da Asociación da Prensa de Madrid, Fernando González Urbaneja, quen se doeu das escasas posibilidades que ofrecen as “hixiénicas” redaccións actuais para aprender dos veteranos os segredos do oficio e da especial importancia que, nese contexto, adquiren obras como a de Seoane e Saiz, que amosan de onde vimos, onde estamos e, quizais, albiscar cara a onde camiñamos.
Foi María Cruz Seoane a encargada de botar a vista atrás para explicar que lugar ocupaba Cuatro siglos de periodismo en España na súa longa traxectoria persoal e de traballos compartidos con María Dolores Saiz. Fixou a xénese da súa fascinación polos papeis amarelados das hemerotecas nos días nos que preparaba a súa tese de doutoramento sobre a linguaxe política nas Cortes de Cádiz, para o que consultou, entre outras fontes, a prensa da época.
Aquel estudo –publicado no 1968 cun limiar de Rafael Lapesa– foi seguido por Oratoria y periodismo en la España del siglo XIX, editado conxuntamente pola Fundación Juan March e Castalia no 1977. Esta obra era o froito dun esforzo que só pode ser cualificado de inxente se temos en conta a pobreza dos traballos sobre a historia do xornalismo, que aínda eran poucos e sobre aspectos parciais ou épocas moi concretas. A historiadora confesaba crer que pagaba a pena analizar a evolución paralela da oratoria e do periodismo –xéneros que “necesitan, como a planta da luz, dun clima de liberdade política para desenvolverse”– quizais porque aí se atopaba algunha ensinanza para un futuro, aínda cheo de incertezas, no que o establecemento dunha “democracia sen adxectivos obrigue os nosos futuros inexpertos parlamentarios a buscar raíces nunha tradición por tanto tempo truncada”.
Foi a finais da década dos 70, cando, en plena e irremediable adicción ós vellos xornais, Seoane recibiu a invitación de María Dolores Saiz, profesora da Universidade Complutense coa que fixo amizade durante as xornadas anteriores nos arquivos, de acometer xuntas o labor de redactar unha historia do xornalismo en España. Os primeiros resultados saíron do prelo no 1983, cando, baixo o selo de Alianza Editorial, foron publicados dous volumes que decontado se converteron en obras de referencia: un, asinado por Saiz, dedicado ós séculos XVII e XVIII; outro, debido a Seoane, sobre o século XIX. Aquelas obras eran moito máis que manuais universitarios, que tamén o foron para varias xeracións de xornalistas que estudaron neles a súa historia. A exactitude e o exhaustivo da información que ofrecían non era só o resultado dunha síntese, senón das propias investigacións das autoras, que enfrontaron a tarefa de encher os abondosos baleiros na bibliografía dispoñible sobre o tema. Deste xeito, aqueles libros dunha colección universitaria foron tamén o recurso a miúdo empregado polos historiadores.
A publicación do terceiro volume, centrado entre 1898 e o comezo da Guerra Civil, só apareceu no1996. Os anos que houbo que agardar quedaron xustificados polo resultado dunha obra na que a claridade expositiva non impedía apreciar as horas investidas na consulta de fondos hemerográficos e na análise dun impresionante caudal bibliográfico, todo posto ó servizo dunha visión de conxunto que subliñaba a riqueza do patrimonio da Idade de Ouro do noso xornalismo. Javier Tusell aforrounos o traballo de buscar o xeito máis cabal de avaliar a obra conxunta de María Cruz Seoane e María Dolores Saiz: é, sinxelamente e segundo afirmou sen medo á esaxeración, a mellor historia da prensa española contemporánea.
As autoras tiñan diante de si culminar o relato da evolución do xornalismo dende o 1936. O deber foi adiado para atender outros traballos, algúns ben arriscados como a historia de El País e do Grupo Prisa que Seoane publicou, xunto a Susana Sueiro, no 2004, demostrando a súa capacidade para burlar os perigos de toda clase que a empresa implicaba e para o que debeu de resultar fundamental tanto unha ferrea disciplina investigadora, coma unha certa retranca de estirpe galaica que se ve na redacción do texto.
Chegado o momento de retomar a súa historia do periodismo, Seoane e Saiz coidaron oportuno e igualmente perentorio revisar os volumes anteriores, en especial os dous primeiros, á luz das novas investigacións, propias e alleas. Deste xeito foi como decidiron reunir as dúas tarefas nunha e escribir Cuatro siglos de periodismo en España, que de novo publica Alianza, editorial á que se manteñen fieis. A obra constitúe unha síntese da historia do xornalismo, dende Andrés de Almansa, quen pode ser considerado o primeiro profesional do xornalismo, ata os nosos días.
Queda incluída tamén a pregunta sobre o futuro da prensa escrita ante a rápida revolución desencadeada por internet. Non sei se é das autoras, ou llo poño eu, o sarcasmo co que dan conta das datas exactas que algúns profetas do apocalipse teñen o valor de poñerlle á morte dos papeis periódicos. Non sei se é das autoras, ou fetichismo propio, a desolación final ante os agoiros dos que prognostican que un dos produtos máis característicos da imprenta non chegará, no mellor dos casos, a celebrar o seu sexto centenario. De seren certos os presaxios, din as autoras, “a esta historia só lle faltaría relatar os últimos momentos do moribundo e entoar o réquiem final”.
Ó tempo que celebramos a aparición da obra que culmina un traballo de décadas, confiamos en que María Cruz Seoane e María Dolores Saiz non dean por concluída a súa colaboración, sexa para explorar algúns camiños por elas abertos ou mesmo para relatarnos a penosa agonía do sentenciado a morte.

Lecer, Galicia Hoxe, 3 de febreiro de 2008.
0 comentarios:
Publicar un comentario