Carmiña Rivas acaba de ler na revista Trasluz Lukus o texto que alí publiquei sobre a súa madriña e avoa, Estrella de Bandelo, e advírteme que non é certo, segundo escribín deixándome levar por un prexuízo, que Estrella adoitara a vestir de negro; en realidade, nunca o fixo. En contra da memoria do fotógrafo que a retratou e tamén do que parece suxerir o branco e negro da fotografía, a Estrella gustáballe a roupa de cores vivas e alegres.
Non gardou loito nin cando chegou de Cuba a noticia da morte do seu irmán José María, rebelándose ante a presión familiar e social que impuña o negro no dó. Tamén discutiu a convención que, na súa época, condenaba ás mulleres de certa idade á tristura do loito de por vida e as forzaba a renunciar a unha alegría vital e multicolor. Estrella nunca se pregou ós escuros ditados sociais e se podía escoller unha cor para vestirse era a verde, a súa preferida. Lamento moitísimo que no meu retrato saíra enloitada.
Vestida de negro, Estrella deixa de ser a muller segura de si mesma e libre que foi; vestida de verde, amosa un novo xesto daquela rebeldía tranquila que descoñece a resignación e que explica a súa biografía. Debino sospeitar: as estrelas brillan no ceo; nunca unha estrela foi negra.

0 comentarios:
Publicar un comentario